Concurso "Quero cantar"

I Concurso musical infantil “Quero Cantar”PDFImprimir
2016querocantarA Deputación da Coruña, convoca o I Concurso musical infantil “Quero Cantar” coa intención de promocionar e difundir o uso da lingua galega e a creatividade poética e musical.
Poderán participar neste concurso os grupos musicais formados por un máximo de dez persoas, das cales cando menos a voz ou voces solistas deben ser nenas ou nenos de ata 12 anos de idade. No caso non haber voces solistas, senón tan só coro, as persoas integrantes deste deben aterse ao mesmo límite de idade. Este límite de idade enténdese referido ao momento no que é enviada a solicitude.
Premios:Premio ás 10 propostas mellor clasificadas na 2ª Fase do concurso:
Gravación en estudio da canción e a súa edición no CD Quero Cantar 16
Premios da Gala final:
1º clasificado: Grabación dun videoclip da canción gañadora e 300€ en material musical
2º clasificado: 200€ en material musical
3º, 4º e 5º clasificado: 100€ en material musical
Para presentarse ao concurso será necesario realizar e enviar unha maqueta en formato audiovisual (.mp4) ou só audio (.mp3, .wav, ou .ogg) cos seguintes requisitos:
A maqueta que envíen para participar será de música orixinal e inédita que nunca fose difundida nin en soporte físico nin a través das redes sociais e conterá unha única canción.
A letra ha ser en galego, con textos orixinais ou xa coñecidos sempre que estiveren libres de dereitos de autoría.
prazo de presentación das solicitudes estará aberto ata o 15 de abril de 2016.
As solicitudes presentaranse mediante correo electrónico dirixido a ( cultura.concursoinfantil@dacoruna.gal)
Máis información no BOP da Coruña do 8 de xaneiro de 2016 e en http://www.dicoruna.es/

0 comentarios: