Autoemprego xuvenil

Subvención para iniciativas de autoemprego xuvenilPDFImprimir

autoempregoxuvenilA Consellería de Economía, Emprego e Industria convoca un Programa para a promoción do emprego autónomo.
A finalidade deste programa é promover e axudar a financiar aqueles proxectos empresariais cunha viabilidade económica e financeira que facilitan a creación do seu propio posto de traballo ás persoas desempregadas que pretendan desenvolver a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia como persoas traballadoras autónomas ou por conta propia.
1. Subvención para iniciativas de autoemprego xuvenil:
Co obxecto de axudar as persoas mozas desempregadas ao inicio e mantemento do emprego como persoa traballadora autónoma e deste xeito facilitarlles ingresos durante o inicio da súa actividade laboral, poderá concedérselles unha subvención de 1.200 € ás persoas menores de 30 anos na data da solicitude da axuda que soliciten a alta no réxime especial de autónomos ou en mutualidade profesional, desde o 1 de outubro de 2015 ata o 30 de setembro de 2016.
2. Subvención polo establecemento como persoa traballadora autónoma ou por conta propia:
Poderáselle conceder á persoa desempregada, co obxecto de facilitarlle ingresos durante o inicio da actividade e posta en marcha da iniciativa empresarial ou profesional, unha subvención polo seu establecemento como persoa traballadora autónoma ou por conta propia, sempre que acredite o requisito de realizar un investimento en inmobilizado material ou intanxible necesario para o desenvolvemento da actividade por unha contía non inferior a 3.000 euros
Neste caso as contías desta subvención serán as seguintes:
5.000 € persoas persoas desempregadas en xeral.
8.000 € home desempregado con discapacidade ou pertencente a colectivos en risco ou situación de exclusión social.
10.000 € muller desempregada con discapacidade ou pertencente a colectivos en risco ou situación de exclusión social.
Cando a mesma persoa presente solicitude polas dúas liñas de axuda, entenderase que renuncia á solicitude de subvención para iniciativas de autoemprego xuvenil
Requisitos:
1. Persoas desempregadas inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego, que creen o seu propio posto de traballo mediante a súa constitución en persoas traballadoras autónomas ou por conta propia, e que desenvolvan fundamentalmente a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia
2. Non estar inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil.3. Non percibir subvencións ao abeiro dos distintos programas de emprego autónomo nos tres anos anteriores á data do inicio da nova actividade.
4. Non desenvolver como persoas traballadoras autónomas a mesma ou similar actividade na mesma localidade, nos seis meses inmediatamente anteriores á data do inicio da nova actividade.
prazo de admisión de solicitudes estará aberto ata o 29 de febreiro de 2016.
As solicitudes poden presentarse en https://sede.xunta.es/ co procedemento TR341D
Máis inforamción no DOG do 29 de decembro de 2015 e en http://traballo.xunta.es/

0 comentarios: