Creación de empresas para os agricultores mozos

Creación de empresas para os agricultores mozosPDFImprimir
jovenes_agricultoresA Consellería do Medio Rural convoca para o ano 2016 as axudas para apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas, para a creación de empresas para os agricultores mozos* e para a creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións.
prazo de presentación de solicitudes comezará o 18 de xaneiro e rematará o 18 de marzo, ambos incluídos.
As solicitudes poden presentarse en https://sede.xunta.es/ co procedemento MR404AMáis información no DOG do 29 de decembro de 2015 e en http://www.xunta.es/medio-rural
*Agricultor mozo: a persoa que no momento de presentar a solicitude da axuda á primeira instalación teña cumpridos os dezaoito anos e non teña cumpridos os corenta e un anos, e se estableza nunha explotación agraria por primeira vez como titular desa explotación, de xeito individual, como cotitular ou como socio.
Poderá ter a consideración de agricultor mozo aquel que, sendo titular dunha explotación agraria, esta sexa considerada de autoconsumo ou non comercial.

0 comentarios: