22 de Abril: Día da Terra!!

Hoxe celebramos o 43 aniversario do Día da Terra. O 22 de Abril de 1970, 20 millóns de estadounidenses saíron ás rúas para proclamar o seu apoio a un medio saludable e sostenible. 



O enfoque deste ano é "Os Rostros do Cambio Climático"; chama a atención a diversidade de individuos aos cales afecta o cambio climático global: un agricultor en Michoacán que loita porque lle alcance o diñeiro mentres unha seca prolongada devasta as súas plantacións; un pescador na costa de Baixa California cuxas redes saen baleiras con frecuencia; unha nena en Nova Jersey que perdeu o seu fogar a causa dunha super tormenta; produtores de améndoas que se esforzan por encontrar abellas que fertilicen os seus campos...




E non só trátase de rostros humanos; inclúense tartarugas mariñas, a balea gris, morcegos, cóndores, xaguares, manatís, apigarados, carneiros, insectos e unha ampla variedade de aves migratorias. De gual forma está o símbolo de América do Norte , a bolboreta monarca. 


Todos escoitamos e lemos constantemente nos medios iso de Cambio Climático: os problemas do Cambio Climático, as causas do Cambio Climático....pero, que é o Cambio Climático? Que relación ten co Quentamento Global e o Efecto Invernadoiro?

O Cambio Climático é algo tan simple como unha variación importante das características climáticas actuais a nivel mundial. A grandes trazos, actualmente nos polos vai frío, nos trópicos a temperatura é media, cos seus invernos e os seus veráns ben diferenciados (é o caso de España), e no ecuador vai calor todo o ano e case non ten estacións. Un cambio climático supón unha distribución diferente á actual, en canto ao clima do planeta, deixando de ir frío onde debería facelo, ou pola contra pasando a facer moito máis frío en sitios cálidos. A distribución das chuvias tamén cambia, e zonas da terra moi secas pasan a sufrir grandes chuvias, as tormentas e  furacáns son moito máis intensos ou as nevadas desaparecen de onde "deberían estar". Ao longo da historia da Terra houbo importantes cambios climáticos que se produciron de forma natural. Na Idade Media todo o planeta, pero en especial Europa, sufriu unha pequena Idade de Xeo; o frío e as nevadas eran moi superiores ás actuais; os invernos eran moito máis longos e crus que agora. Non obstante, na época dos romanos aconteceu xusto o contrario, vivindo un periodo moito máis cálido en toda Europa, en especial na zona mediterránea.
O problema é que o Cambio Climático que sufrimos na actualidade non se está a producir de forma natural, se non que é a actividade humana a que o está a provocar, a unha velocidade moi superior do que acontecería se fose un Cambio Climático espontáneo. As especies e os ecosistemas non poden adaptarse ás novas condicións climáticas e desaparecen, incluídas as poboacións humanas que sofren fortes secas e inundacións, cada vez hai menos alimento nalgunhas zonas a causa das migracións dos animais...etc.
O Cambio Climático está relacionado directamente co Quentamento Global e co Efecto Invernadoiro, pero non son o mesmo. A causa do rápido Quentamento Global estase a orixinar o Cambio Climático; o Efecto Invernadoiro é un quentamento beneficioso e necesario para a Terra.

               
  Entón o Efecto Invernadoiro....que é?

É un fenónemo NATURAL gracias ao cal a vida no planeta é posible. Hai unha familia de gases coñecidos como "gases invernadoiro" que axudan a que a calor da terra non escape ao universo, mantendo así unha temperatura media de 15ºC e fancendo posible a vida na Terra. É un equilibrio perfecto entre a radiación que recibe a Terra do sol, a que emite cara ao espazo e a que permanece entre a terra e a atmosfera quentando o planeta.





Non obstante as emisións derivadas das actividades humanas aumentaron a proporción deses gases invernadoiro, evitando que a radiación "escape" e sobrequecen o planeta. O Efecto Invernadoiro é un fenómeno NATURAL e VITAL para a terra, pero o sobrequentamento está causado polo home. Evitalo é tarefa de todos, e por isto este 22 de Abril está dedicado precisamente a concienciar os cidadáns de que, só coa colaboración de todos, poderemos frear este fenómeno, salvado vidas animais e humanas. España polas súas características e localización xeográfica será un dos países máis afectados polo Cambio Climático actual, padecendo fortísimas secas no sur e graves inundacións en épocas de chuvia.
Para entender un pouco máis o Cambio Climático déixovos un par de enlaces nos que poderedes aprender dunha forma interactiva, sinxela e divertida.




LEMBRA QUE TODOS PODEMOS AXUDAR Á NOSA TERRA

PENSA GLOBALMENTE, ACTÚA LOCALMENTE


(Dedico este post ao profesor, e coordinador de Lúa, Jose Antonio, que hai moitos anos me pediu un artigo sobre o Cambio Climático e por fin teño a oportunidade de publicalo: MOITAS GRAZAS)

0 comentarios: