Boas Novas: Recuperación do Sapoconcho en Galicia

Bos días!!!

Hoxe traio una boa nova para a biodiversidade galega. 
A Xunta de Galicia deu  luz verde ao Plan de Recuperación do Sapoconcho común ( Emys orbicularis ou galápago europeo), o réptil máis ameazado de extinción de Galicia, con soamente un centenar de individuos por hectárea nas catro zonas de Galicia nas que se pode atopar.



O sapoconcho común é un répitil eminentemente acuático que vive preferentemente en augas estancadas ou de corrente leve. Pódese encontrar en catro áreas do sur: na conca do río Arnoia, nos concellos de Allariz, Xunqueira de Ambía e Baños de Molgas; na cunca do Avia, en Ribadavia, Beade, Leiro e Cenlle, municipios todos eles de Ourense. Ademais, hai exemplares de sapoconcho nas Gándaras de Budiño, na conca do río Louro, en Porriño, Tui e Salceda de Caselas (Pontevedra), e nas pozas de Oliveira, no Parque Natural das dunas de Corrubedo e as lagoas de Carregán e Vixán, no concello coruñés de Ribeira.
As causas principais da súa regresión son as capturas para a venda como mascotas, a morte en nasas de pesca, a existencia de especies exóticas invasoras nas súas áreas de presenza ou a fragmentación de brañas, especialmente nas Gándaras de Budiño.
Todos estes impactos, tanto sobre a especia como sobre o seu hábitat,  fan necesario tomar medidas para evitar a súa extinción en Galicia, a través dun Plan de Recuperación.
A catalogación do sapoconcho común (ou de calquera outra especie) como especie EN PERIGO DE EXTINCIÓN significa a prohibición de calquera actuación co propósito de darlle morte, capturalo, perseguilo ou molestalo intencionadamente. Tamén quedará prohibida a exposición para venda, importación ou exportación de exemplares silvestres, vivos ou mortos. Outro día veremos as catalogación das especies en función do seu estado de conservación e protección.

Agora xa sabes. Se te atopas cun expemplar de Emys orbicularis (Galápago europea ) ou Sapoconcho común, disfruta da sua presenza  pero respecta a súa vida eo seu hábitat.



2 comentarios:

  1. SOU UM VEZINHO DA PARROQUIA DE LOURIÇÁM EM PONTE VEDRA, MEMBRO DA ASSOCIAÇOM CULTURAL E ECOLOXICA A PEDRA FROJÁM, E QUISERA SOLICITAR INFORMACON SOBRE COMO PODEMOS INTRODUCIR NA NOSSA GÁNDA DE PONTE MUINHOS EJEMPLARES DO SACOPONCHO, POIS QUISERAMOS RECUPERAR E POR EM VALOR ISSTE ANIMAL QUE FAI ANOS TINHA PRESENÇA NAS POÇAS E HUMEDAIS DO NOSSO TERRITORIO E QUE HOJE POLA CONTAMINACION DE CELULOSE POR DESGRAÇA DESAPARECEU, DANDOLHE AS GRAÇAS POR ANTICIPADO , RECEBAM UM FRATERNAL SAUDO

    ResponderEliminar
  2. A NOSSA PÁGINA DE CONTACTO É thalavo.pontevedra@gmail.com

    ResponderEliminar